papaventos

Xoguete formado por unha tea ou un papel fixado nunha armazón, que se eleva no aire debido á presión do vento e que se suxeita e manexa mediante un cordel longo.

Etimoloxía

Substantivo composto resultado da combinación do verbo 'papar' e o substantivo 'vento'.

Exemplos *

“Nas mañás alegres de abril e maio voan papaventos de colores nos xardíns de Santa María in Pórtico e o Vaticano, aparecen sobre das altas torres e os muros.” (Víctor Fernández Freixanes: O enxoval da noiva)

“Ou metía a punta da gadaña na terra, ou pasaba por encima da herba coma unha planeadora contrabandista, ou a cortaba pola metade, ou empapulaba con tanta que non a daba cortado, ou realizaba estranos garabatos no ar arremedando aos papaventos ata que a gadaña caía na herba coma corpo morto.” (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.