paralelismo

Recurso literario, en prosa ou en verso, que consiste na repetición dunha estrutura sintáctica ou semántica, por veces con leves variacións.

Etimoloxía

Deriva de paralelo, voz que remite ao grego parallelos –os –on, composto de para ‘á beira de’ e allelos ‘uns aos outros’.

Exemplos *

“... utilizaba con profusión a anáfora e o paralelismo que permitían memorizar máis facilmente as súas composicións.” (Mª Xosé Queizán: Amantia)

“... as nosas Cantigas de Amigo definidas polo seu realismo ambiental, naturalismo paganizante, erotismo elusivo e paralelismo arcaizante ...” (Marcos Valcárcel: O Correo Galego 01-12-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.