parasol

Instrumento similar a un paraugas, que se utiliza para protexerse do sol.

Etimoloxía

Formouse por composición cos elementos parar e sol.

Exemplos *

"Acolá endiante, debaixo do parasol xigantesco dunha acacia solitaria na chaira, coidou adiviñar o movemento duns cervos." (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema)

"… estaba tirado na area, permanecía alí sen unha maldita sombra que o puidese protexer, dun parasol que nin tiñamos, frío, pálido …" (Henrique Dacosta: Unha mada de doce relatos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.