parrulo

Ave da familia dos anátidos da que existen diversas especies, mariña ou de auga doce, nadadora ou mergulladora, que se somerxe total ou parcialmente para conseguir o alimento, que presenta cores moi variadas que adoitan seren máis vistosas nos machos e xeralmente apencadas nas femias.

Etimoloxía

Parece que esta palabra se creou por onomatopea, imitando a voz da ave.

Exemplos *

"Había paxaros, moitos paxaros: un moucho, unha curuxa, unha aguia, unha pomba, un parrulo, un papagaio, un paxaro en perigo de extinción, todos coas plumas enchoupadas." (Paula Carballeira: Alicia & Alicia)

"… trouxo un raro animal para a colección do visir; era unha mestura de londra con parrulo e os seus portadores dixeron que viña de alén do Mar de Mu …" (L.C. Carballal: Historias non irreais)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.