parteluz

Columna que divide en dous o oco dun pórtico ou dunha ventá.

Etimoloxía

Formouse pola combinación de partir, do latín partire, e luz, do latín lux, lucis.

Exemplos *

“Sentou nun dos faladoiros por baixo da fiestra da torre coa man pousada no parteluz de pedra ...” (Francisco Xabier Iglesias López: O soño do falcón)

“... ofrecéusenos o espectáculo das raiolas de sol penetrando as altas xanelas de parteluz e esparexendo polo cuarto as manchas de cor dos escudos de armas ...” (Arthur C. Doyle: O can dos Baskerville (trad. de Bieito Iglesias e Manuel Vázquez))

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.