partir

Despezar unha res

Etimoloxía

Vocábulo procedente do verbo latino partire ‘dividir, distribuír’.

Exemplos *

“Ao día seguinte de partir o porco, adobábase o lombo , que é o raxo das grandes enchentas, e ásase ou faise con el empanada.” (Álvaro Cunqueiro: A cociña galega, 1973)

“Nas matanzas, cando matamos os porcos, ó segundo día chamámoslle partir porque é cando se abren os animais para salgar.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.