pasaxe

Documento que acredita o pago dunha viaxe realizada nun medio de transporte

Etimoloxía

Chegou do francés passage, que mudou de ‘desfiladeiro’ a ‘travesía por mar’.

Exemplos *

“Cando romatei o bachilerato, escribiulle á miña nai chamándome. Mandou un pasaxe de terceira.” (Eduardo Blanco Amor: Os biosbardos, 1962)

“Non pode inspeccionar a pasaxe de primeira clase, pero non importa, o billete dela, coma o seu, era de clase turista, non están as arcas da institución universitaria para alegrías.” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.