paso de peóns

Lugar, nunha estrada ou rúa, onde os peóns teñen preferencia de paso para atravesala.

Etimoloxía

Esta locución formouse utilizando a forma ‘paso’ (tomada do latín passus) e a forma ‘peón’ (do latín pedo ‘o que vai a pé’).

Exemplos *

“…un home tirando a groso e que levaba unha gabardina moi enrugada saía dun portal situado a poucos metros do contedor turrando dunha pequena maleta e dispoñíase a atravesar a rúa sen molestarse en ir polo paso de peóns.” (Marilar Aleixandre: A compañía clandestina de contrapublicidade)


“…non é tanto o tráfico nesta estrada esquecida da man dos gobernantes, nin hai rúas perpendiculares, nin casas preto, nin a máis mínima necesidade dun paso de peóns, que por aí ninguén cruza nin quere cruzar, sen camiños que leven a ningures.” (Inma López Silva: Concubinas)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.