patinaxe

Deporte que consiste en desprazarse esvarando sobre unha superficie dura e lisa con patíns.

Etimoloxía

É un derivado de patín, tomado do francés patin, que denominaba un tipo de calzado que servía para patinar sobre o xeo.

Exemplos *

"… fochas abertas pola choiva, pasos de peóns convertidos pola auga en pistas de patinaxe, condutores que se deran á fuga tras chocar con vehículos estacionados…" (Domingo Villar: A praia dos afogados)

"As lousas horizontais cabalgan unha sobre a outra nas costas máis rochosas para darlle consistencia e impedi-lo excesivo lixamento que convertería o sendeiro nunha pista de patinaxe." (Augusto Pérez Alberti: Teceláns. Viaxes)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.