pavillón

Construción que, xunto con outras, forma parte dun complexo máis amplo e constitúe unha dependencia del.

Etimoloxía

Esta forma tomámola do francés pavillon, paveillon no francés antigo, evolución do latín papilio, que tiña o sentido de ‘bolboreta’ e logo tomou o de ‘tenda de campaña’.

Exemplos *

“Paralelo á fachada, tiña outro pavillón que se comunicaba con aquela mediante tres corpos, un central, dous laterais, que sobresaían pola parte de atrás.” (Xosé Alvilares: Memorial de agravios)


“Para entrar na porta 5, pavillón 261, hai que percorrer co vehículo un longo labirinto de rúas pavimentadas e atravesadas de banda a banda por raís de tranvía en desuso.” (Francisco Alonso: Trailer)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.