pavor

Medo intenso.

Etimoloxía

Cultismo que chega directamente do latín pavor, –oris 'conmoción', 'susto' ou 'espanto'.

Exemplos *

"Daquela comprendeu o pavor que lle producía o retorno, o esgotamento hídrico das súas raíces e un baleiro enorme." (Xavier Queipo: Papaventos)

"Ela quedou soa coa súa pregunta e o pavor de Laura, ignorando cal dos dous lle producía maior desacougo." (Dolores Ruíz: Dentro da illa)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.