película

Lámina moi delgada dunha materia sensible á luz, usada en fotografía e no cine para gravar nela imaxes que despois se reproducen no papel ou na pantalla.

Etimoloxía

Tomouse da forma latina pellicula, diminutivo de pellis –is ‘pel’.

Exemplos *

“A elección do tempo de exposición dependerá da sensibilidade da película empregada e do tipo de fotografía desexada.” (Ramón Vilalta López: Astronomía práctica e outras cousas)

“Descansando sobre a inútil cama de matrimonio do cuarto, deitado xunto a ampliacións das súas fotografías de guerra, carretes de película e mapas con indicacións en lapis vermello ...” (Miguel Anxo Murado: Ruído: Relatos de guerra)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.