pértega

Vara longa e moi resistente.

Etimoloxía

Evolucionou a partir do latín pertiica –ae ‘vara’.

Exemplos *

“Era tan miúda que nas súas mans a vasoira semellaba a pértega dun gondoleiro.” (Domingo Villar: A praia dos afogados)

“Se non existise a posibilidade da caída e da morte, o equilibrista que camiña a cen metros sobre o chan coa axuda dunha pértega non nos interesaría nada.” (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.