pespunto

Punto de costura ou bordado en que a agulla entra na tea un pouco antes do lugar por onde saíu, formando unha liña de puntos sucesivos.

Etimoloxía

Deriva de pespuntar, orixinado a partir de *pospuntar ‘dar puntos cara a atrás’.

Exemplos *

“Aínda hai boa luz, e ela vai sentar un pouco diante da máquina de coser, a pasar pespuntos.” (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)

“... mentres enfiaba a agulla para dar os primeiros pespuntos do día, soñaba que el lle acariñaba os oídos con palabras fermosas ...” (Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.