peto

Recipiente de barro ou doutro material, cunha fenda pequena e estreita, no que se garda o diñeiro para aforrar.

Etimoloxía

Proponse que proceda do latín pectus –oris ‘peito’ e que chegase desde o italiano petto.

Exemplos *

“Eu rompera o peto do porquiño que me regalara a miña tía. Total, para sacar cinco euros.” (Manuel Darriba: Brais e os demais)

“Aguantáronse con poucos cartos no peto e cos marcos das leiras no seu sitio, porque sempre estiveron convencidos, avós, fillos e pais (outro asunto é que cumprisen iso sen excepcións, e aí non me meto), de que a decencia era o único xeito aceptable de vivir.” (Ramón Loureiro: O corazón portugués)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.