picouto

Parte máis elevada dun monte.

Etimoloxía

Formouse pola combinación de pico, de procedencia celta, e a forma antiga outo (‘alto’).

Exemplos *

“Desde alí, vendo ao fondo os picoutos da raia, ireille escribindo a Vde. das pequenas cousas que vaian constituíndo o meu vivir en Lobosandaus ...” (X.L. Méndez Ferrín: Arraianos)

“Tratábase dunha illa, ou dunha cadea de montañas que, como xurdindo das augas, avantaba cara ó oeste, elevándose paulatinamente, ata acadar no seu extremo unha altura considerable que formaba un inmenso picouto de forma cónica, todo el cuberto de xeo.” (Xoán Bernárdez Vilar: A saga da illa sen noite)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.