pimpín

(Foto: Thermos, 2007. Wikipedia)
(Foto: MichaelMaggs, 2007. Wikipedia)

(Fringilla coelebs) Paxaro da familia dos frinxílidos do tamaño dun pardal, de plumaxe cinsenta na cabeza, castaña no dorso e parda na cara, papo e peito, o macho, e parda tirando a verde no dorso, máis clara no peito, a femia.

Etimoloxía

Apúntase que se trate dunha onomatopea.

Exemplos *

“”Pimpín por aquí non vin”, seica dixera o paxariño deste nome cando os verdugos de Cristo querían atopalo a este.” (Vicente Araguas: Xuvia-Neda)

“Subitamente a dous pasos deles descubriron un paxaro de peteiro curto e afiado que cantou alegre. Era un pimpín, que ollaron con dozura, que saltaricou e lles deu ánimo.” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.