pistón

Peza cilíndrica ou en forma de disco axustada no interior doutra, na que se despraza con movementos alternativos para transmitir unha presión recibida por un fluído.

Etimoloxía

Este termo tomouse do francés piston, que remite, en última instancia, ao latín pinsere 'bater'.

Exemplos *

"Lucas abusara da paciencia tecnolóxica do vehículo no seu último experimento tentando comprobar o límite da resistencia dun pistón sen botarlle unha pinga de aceite no cárter." (Alfonso Álvarez Cáccamo: Xente de mala morte)

"Acelerou cando notou que o motor se apoucaba e, ó non facer efecto, pisou a fondo. Un bramido como de bielas e pistóns desencaixados fixo termer todas as latas." (Xabier Quiroga: Atuado na braña)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.