plaqueta

Célula sanguínea de forma oval ou redonda, sen núcleo, que intervén na coagulación do sangue.

Etimoloxía

Tomouse do francés plaquette, derivado de plaque ‘placa’.

Exemplos *

“O plasma rico en factores de crecemento está composto por unhas proteínas denominadas factores de crecemento procedentes das propias plaquetas do paciente ...” (Galicia Hoxe 12-02-2005)

“... unha enfermidade moi minoritaria que consiste en que o propio organismo deixa de recoñecer as plaquetas e as destrúe.” (Carla Fraga: De Luns a Venres 08-03-2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.