plinto

Elemento da base dunha columna ou dunha estatua, xeralmente de forma cuadrangular.

Etimoloxía

Procede do grego plínthos -ou ‘ladrillo’.

Exemplos *

“A Colexiata de Vigo utiliza a orde toscana nas súas columnas, o que lle proporciona un porte monumental, acentuado por altos e voluminosos plintos cúbicos.” (José Ramón Soraluce Blond: Guía da arquitectura galega. Linguaxes e mensaxes)

“... é obra moi sinxela, está composta por un paralelepípedo rematado por unha cornixa e coroada con plintos lisos que sosteñen unha piña.” (Olga Gallego Domínguez: A cidade de Ourense. Unha visión a través dos séculos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.