poldro

Cabalo ou egua desde que nace ata que muda os dentes, o que ocorre arredor dos catro anos.

Etimoloxía

Evolucionou a partir dunha forma do latín tardío pullitru, orixinada a partir de pollus, -i ‘cría dun animal’

Exemplos *

“Erguíanse na roda traseira coma se cabalgasen un poldro desbocado e só lles faltaba rinchar.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

“… aparecían aquí e alí figuras pardas ou castañas de vacas e cabalos ceibos, eu conducía a modo e esculcaba nelas a sombra da miña egua e o seu poldro.” (Suso de Toro: Calzados Lola)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.