porrón

Recipiente de barro empregado para conservar a auga fresca, de ventre amplo e cunha asa na parte superior, unha boca para enchelo e unha biquela para beber.

Etimoloxía

Apúntase que teña relación con porrum ‘allo porro’, pola semellanza en canto ao avultamento.

Exemplos

“Sobre tapetes de encaixe de Camariñas, fotografías enmarcadas, candelabros, un reloxo engarzado nunha pedra de cuarzo, un galo de Barcelos, un hórreo de alpaca, un artístico porrón de Buño ...” (Manuel Rivas: ¿Que me queres, amor?)

“Se o porrón está vidrado, a auga non chega ó exterior e, polo tanto, non se produce o fenómeno de arrefriamento do contido do mesmo.” (Miguel Vila Pernas: Olería tradicional en Galicia)