portaminas

Utensilio de metal ou plástico que contén no seu interior minas de grafito que se poden recambiar.

Etimoloxía

Neste composto combínanse o verbo portar, do latín portare ‘levar’ e mina, de orixe céltica e tomada do francés antigo mine.

Exemplos *

“Cando o seu irmán volve, Elías xa esparexeu unha por unha as cores, as minas do portaminas que abriu, quitou o afialapis do estoxo e, cun bolígrafo nunha man, fai espirais …” (Miguel Anxo Murado: Mércores de cinza)

“Moncho colleu o cartafol, colocou o portaminas na orella dereita despois de rañar a caluga e foi cara á porta.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.