porto

Punto xeográfico situado nunha zona elevada de montaña ou entre montañas, por onde resulta máis doado o paso de persoas e vehículos e a construción dunha vía de comunicación

Etimoloxía

Termo que deriva do latín portus, -us ‘pasaxe’.

Exemplos *

Porto de montaña que sempre dificultou a entrada en Galicia polo camiño francés a Compostela.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

“Pola mesma razón, non é de estrañar que, á volta, e en agradecemento por un retorno feliz, moitos deixasen as súas fouces como ofrenda no santuario da Nosa Señora das Angustias, situado á baixada do citado porto de Foncebadón” (Xosé Manuel González Reboredo: Galicia e a sega ó longo dos tempos, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.