positivismo

Doutrina que fundamenta o coñecemento na experiencia e rexeita os apriorismos.

Etimoloxía

Formouse a partir de positivo, do latín positivus –a –um ‘certo’, ‘convencional’ e parece que entrou desde o francés.

Exemplos

“Coñece a Comte, a Durkheim dentro do que podemos chamar positivismo social e, tamén, a Lamarck, Darwin, Spencer, dentro do chamado positivismo científico, pero todos eles teñen o defecto de que con “feitos non se fundamentan feitos”.” (Ramón Regueira: X.V. Viqueira: Teoría e praxe)

“Os fundadores do marxismo profesaban unha concepción da ciencia que hoxe en día poderiamos cualificar de próxima ao positivismo, con máis ou menos matices …” (Daniel Soutullo: De Darwin ao ADN. Ensaios sobre as implicacións sociais da Bioloxía)