pota

Recipiente de metal ou de barro en forma de cilindro, con tampa, que se usa para facer a comida.

Etimoloxía

Deriva de pote, que se considera tomado do francés pot.

Exemplos

“Mamá e a avoa estaban fartas de min e acabaron por castigarme cando descubriron que botara azucre na pota da caldeirada.” (X.H. Rivadulla Corcón: Amar unha serea)

“Os friames e os queixos deixaran paso a unha fumegante pota chea de ameixas. O recendo a salitre mesturábase co do pirixel picado abaneándose na salsa.” (Xesús Fraga: Tute para catro)