prancha

Utensilio de cociña que serve para asar ou torrar alimentos.

Etimoloxía

Esta forma é o resultado de adaptar a voz francesa planche.

Exemplos

“Ollaron a carta e, tras unha breve consulta, pediron verduras á prancha, empanada de tortilla, pescada e tenreira asada.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas)

“Hoxe comes un caldiño limpo e unhas pataquiñas en branco cun peixiño á prancha e algo de froita, nada de plátanos, e xa verás como á noite estás mellor.” (Xurxo Borrazás: Contos malvados)