pranto

Costume que antigamente tiña lugar nas casas dos defuntos, onde se choraba e lamentaba a súa morte.

Etimoloxía

Procede do latín planctus, ‘lamentación’, que se formara a partir do verbo plangere, ‘golpearse en sinal de dor’, ‘lamentarse’.

Exemplos *

“Logo que fixo o pranto, Dechtine tiña a gorxa seca de carpir con aqueles berros doridos e quixo beber, así que pediu a súa copa de cobre chea de auga fresca.” (Suso de Toro: O país da brétema: Unha viaxe no tempo pola cultura celta)


“… encomendando esa tarefa social do pranto ás mulleres, a sociedade, ó tempo que reforza o estado de dominadas en que elas se atopan, satisfai a súa necesidade de expulsa-la tensión e solicitar axuda sen que se resinta a imaxe do home, sempre capaz e triunfador” (Marcial Gondar Portasany: Mulleres de mortos. Cara a unha antropoloxía da muller galega)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.