preservativo

Funda de goma elástica moi fina con que se cobre o pene durante o coito, que se emprega como método anticonceptivo e como protección contra as enfermidades de transmisión sexual.

Etimoloxía

Deriva de preservar, procedente do latín tardío praeservare ‘observar previamente’.

Exemplos *

“A sida, xa que logo, levará á desaparición da prostitución da forma que se practicaba deica agora. A maior parte dos homes rexeitaba os preservativos, e non podían obrigalos.” (Úrsula Heinze: Culpable de asasinato)

“Hoxe os preservativos mércanse ata no súper, dona Virtudes -dixo Fina cando viu que o secretario se atascaba de tal xeito que nin sequera era capaz de dar palabra.” (Xosé A. Neira Cruz: As cousas claras)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.