príncipe, princesa

Membro dunha familia real ou imperial.

Etimoloxía

Vén do latín princeps –ipis ‘o primeiro ou principal’, referido á orde ou ao mérito, composto para o cal se tomou primus ‘primeiro’ e caput ‘cabeza’.

Exemplos *

“Parece unha princesa, unha boneca, un anxo… Que linda está con ese vestido…” (Clara Gayo: Razóns de peso)

“A ex actriz Carrie Fisher, que saltou á fama co papel de princesa Leia en A guerra das galaxias …” (De Luns a Venres 13-10-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.