prismáticos

Aparello para ver ao lonxe, que utiliza unha combinación de prismas e lentes.

Etimoloxía

Formouse a partir do latín prisma, –atis, tomado do grego, onde denominaba, ademais do corpo xeométrico, as serraduras, xa que o verbo do que deriva tiña o significado de 'serrar'.

Exemplos *

"Moito presta mirar cara ao lonxe cando tes uns bos prismáticos con que facelo." (Vicente Araguas: Xuvia-Neda)

"Desde un coche de aluguer aparcado no alto do campo da festa o señor Montes, cuns bos prismáticos nas mans, contemplaba marabillado aquel espectáculo que el mesmo argallara." (Pepe Carballude: ¡Máldito D.N.I.!)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.