prosperidade

Situación próspera social e económica

Etimoloxía

Chega desde o latín prosperitas, -atis ‘ventura’ ou ‘boa saúde’.

Exemplos *

“Os últimos anos pasados en Galicia no medio dunha prosperidade que, aínda que xa non era en absoluto finxida, había ser patente dun xeito total a partir do regreso de Venezuela.” (Alfredo Conde: Sempre me matan, 1995)

“As misións formúlanse como un primeiro anuncio da prosperidade e o benestar que a República tiña a intención de estender democraticamente ao conxunto dos cidadáns , eliminando as tradicionais barreiras entre o campo e a cidade” (Juan Carlos Ibáñez: Cinema e guerra civil. Novos achados. Aproximacións analíticas e historiográficas, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.