protexer

Impedir que algo ou alguén sufra un dano, facendo que estea libre da súa influencia

Etimoloxía

De protegere en latín, que era literalmente ‘cubrir por diante’

Exemplos *

“O obxectivo era protexer a chegada de 4.000 refuxiados salvadoreños que volvían de Honduras ás súas terras (…). O exército e o goberno pretendían que se asentasen no territorio dominado polo goberno, en lugar de volver ás terras de onde procedían, dominadas pola Fronte Farabundo Martí.” (Suso de Toro: Camilo Nogueira e outras voces)

“Narda abre a boca pra berrar, non berra. Chouta. Abre as pernas e abaixa a cabeza, nunha posición de loita, mentres intenta protexer os ollos cunha man.” (Xosé Luís Méndez Ferrín: Antón e os inocentes)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.