pucheiro

Recipiente de barro coa barriga e a boca anchas, que se emprega para cociñar.

Etimoloxía

Tomouse do latín pultarius, que era tamén un recipiente para o viño.

Exemplos *

“... as leis da física e as relacións entre o leite, o café e o lume, cun pucheiro de cinc polo medio, case metafísica, non se comportan cun pouco de coherencia ás sete da mañá ...” (Antón Dobao: Incertos)

“... dúas princesas en mandil, mirando para o pucheiro onde cocen as patacas, son dúas filósofas en potencia, que a vida é iso, un pucheiro posto a quentar, e o triste é que nós ocupamos o lugar das patacas.” (Teresa Moure: Herba moura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.