pulso

Punto onde o brazo se articula coa man.

Etimoloxía

Procede da forma latina pulsus –us que significaba, primeiramente ‘impulso’.

Exemplos *

“Colleu emocionado a man de Lucía, que acariñaba aínda o seu rostro, e bicouna, primeiro os dedos, despois na cara interna do pulso.” (Laura Caveiro: As naos afondando)

“O reloxo apertáballe o pulso e nun dedo da man que pousaba na varanda lucía un solitario.” (Francisco X. Fernández Naval: Sombras no labirinto)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.