quiosco

Pequena construción que se instala nos parques e xardíns e que consta, polo xeral, só dun teito e unhas columnas que o sosteñen.

Etimoloxía

Chegounos a través do francés (kiosque), lingua que o tomou do turco kyosk, ‘pavillón’, a onde chegara procedente do persa.

Exemplos *

“…mandou que me quitasen unha foto do minuto nos Cantóns, ó carón do quiosco Alfonso.” (Darío Xohán Cabana: A excursión)


“Ciscadas pola estancia estaban as follas impresas que Gómez Casado repartía ó pé do quiosco dos músicos e que contiñan os seus pareceres sobre a Historia Universal.” (Miguel-Anxo Murado: Memoria de derribos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.