ra

Anfibio da orde dos anuros, do que existen varias especies, que ten a pel lisa, de cor verdosa ou parda, anda a saltos, é bo nadador e vive en lugares onde hai auga.

Etimoloxía

O nome tomouse do que tiña no latín rana, -ae.

Exemplos *

“De súpeto aboiou, desfacendo o espello que a tona da auga estaba a ser, a cabeza verde dunha ra enorme que quedou ollando en fite para ela.” (Paco Martín: A bisneta lercha)

“Nesta fábula os mercantilistas, como na fábula da ra e da toupeira, cambian os ollos polo rabo.” (Xesús Alonso Montero: Tempos Novos 27-02-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.