radiador

Aparello de calefacción que consta dunha serie de tubos polos que circula un líquido quente

Etimoloxía

Creado sobre "radiado" que, á súa vez, chega desde o latín radiatus, -a, -um ‘que ten raios’.

Exemplos *

“Filipe entregoulles unhas mantas de viaxe e conectou un radiador de aceite, pero non entornou a fiestra.” (Antón Lopo: Ganga, 2001)

“K sabía, cando menos, que se achaba nun lugar do mundo onde vai frío na invernía porque había un radiador colgado nunhas das paredes brancas.” (Jaureguizar: Cabaret Voltaire, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.