rañaceos

Edificio de moita altura.

Etimoloxía

Forma que resulta da combinación do verbo ‘rañar’ co substantivo ‘ceo’, creada a imitación do inglés skyscraper.

Exemplos *

“Nun enorme plató, situado nos estudios de televisión dunha produtora do Polígono da Grela na Coruña, un decorado reproducía a gran fiestra dun apartamento pola que se vía a imaxe nocturna dos altos rañaceos iluminados dunha gran cidade baixo un enorme ceo cheo de estrelas.” (Ángel de la Cruz: O descenso do derradeiro ocaso)


“Abriu o panel que tapaba a fiestra e ficou abraiado coa inmensidade do Lago Michigan, cos seus límites imprecisos lambendo a codia de Chicago, cidade de canais, de moitas pontes, de peiraos esperando mercadorías, de rañaceos emblemáticos e tempo imprevisible.” (Xavier Queipo: Papaventos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.