recoñecemento

Acción de recoñecer.

Etimoloxía

Derivado sobre recoñecer que chega desde o latín recognoscere 'examinar', 'saber de novo'.

Exemplos *

"Era o odio á inxustiza, á traizón, á realidade dun mundo no que triunfaba o mal e onde a virtude non tiña recoñecemento nin premio." (Carlos G. Reigosa: Xentiario)

"Está ben que se recoñezan dereitos, mais ese recoñecemento queda en nada se as estruturas sociais de poder non permiten exercelos en igualdade." (Mª Ángeles Barrère Unzueta: Tratamento da violencia de xénero dende as políticas de igualdade)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.