rede social

Servizo ou espazo en Internet que permite que persoas ou grupos creen relacións e intercambien contidos e informacións

Etimoloxía

Frase composta polo substantivo “rede” do latín rete, -is ‘tea de araña’ e o adxectivo “social” procedente de socialis, -e ‘relativo aos aliados’.

Exemplos *

“Malia que tan só leva un ano e oito meses en funcionamento, a rede social galega Cabozo.com xa vén de adiantarse a outras curmás súas que a superan en anos e en número de usuarios na Rede” (Raquel Noya: Código Cero, 10-2010)

“A emblemática frase da película Terminator 2 foi a gañadora do concurso organizado a través da rede social Twitter pola Secretaría Xeral de Medios.” (Manrique Fernández: A Peneira, 06-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.