refuxiar

Dar refuxio a alguén

Etimoloxía

O verbo refugere latino tiña o significado de ‘salvarse retirándose’, ‘retirarse para un lugar seguro’

Exemplos *

“O cadáver estábase arrefecendo, pero eu non podía deixar de agarimalo, quería refuxiar a miña cara entre o seu colo e o pelo mouro que agora me lembraba ao estropallo.” (Xaime Domínguez Toxo, "A casa dos alicerces mariños", Contos da Baiuca, 2006)

“Este neno, que me levaba a min dous ou tres anos, era fillo de don Fernando Eiroa, médico importante na cidade, que nacera na aldea e que cando estalou o conflito se veu refuxiar á casa petrucial pensando, inxenuamente, que ía estar máis protexido.” (Xesús Manuel Valcárcel: Os ollos da sentinela, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.