remo

Deporte que consiste en remar en embarcacións apropiadas, que adoitan ser longas e estreitas.

Etimoloxía

Vén do latín, onde o nome desta peza era remus, -i.

Exemplos

"Os rapaces do equipo de remo camiñaban alá diante xunto á lonxa cargando a traiñeira na cabeza." (Suso de Toro: Calzados Lola)

"Se hai un deporte náutico racial, ese é o remo, en calquera das súas modalidades." (Severino A. Gestoso Lago: Iniciación profesional marítima)