réplica

Cada un dos tremores que suceden a un sismo e se producen cerca do foco deste

Etimoloxía

Chega desde o verbo “replicar” e este dun latino replicare con dúas acepcións ‘encurvar’ e ‘reclamar’.

Exemplos *

“Máis de duascentas réplicas do tremor, unha delas de grao seis na escala de Richter” (Lucas Zárate: O Correo Galego 06-02-1996)

“Tamén destacou por unha serie de réplicas de magnitude superior a catro graos o mesmo día e un enorme número de réplicas de menor magnitude, en concreto de 452 dunha intensidade igual ou superior a dous nas primeiras 24 horas seguintes.” (Manuel Gallego García e Berta Estrada Arias: Ciencias da Terra e do Medio Ambiente. Caderno de Actividades. 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.