represión

Acción de reprimir ou coartar.

Etimoloxía

Achega do latín tardío repressio, –onis 'sinal de retirada' procedente de reprimere 'recuar' ou 'reter'.

Exemplos *

"O réxime de illamento e a represión que vivían nos cárceres foi o que os decidiu a facer a folga de fame." (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

"A película (…) é singular por varias razóns, entre elas, porque por vez primeira a represión en Galiza chega ás pantallas (…) sen elipses." (Xosé Nogueira: Cinema e guerra civil. Novos achados. Aproximacións analíticas e historiográficas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.