Rh

Símbolo de factor Rhesus (antíxeno presente nos glóbulos vermellos dos monos do xénero Rhesus e tamén no 85% dos individuos humanos, chamados por iso Rh positivos).

Etimoloxía

Rh é unha abreviatura da forma grega rhesus, ‘mono’, por ser un factor que se descubriu en monos do xénero Rhesus.

Exemplos *

“Rosa Díaz Cid -contable nunha cooperativa de pensos, casada, Rh positivo e nai dunha filla de tres anos- choraba en directo e suplicáballes ós secuestradores "non lle fagan dano, que el é un traballador máis, que nunca se meteu en política”.” (Jaureguizar: As horas sucias)

“Eu non lles podía explicar que as mulleres das montañas eran Rh-, polo que, ó se mesturar cos celtas, Rh positivo, e ter fillos con Rh positivo, estaban xerando anticorpos no seu interior, que logo ían impedi-lo nacemento dun segundo fillo ...” (Xosé Durán: O asasino invisible)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.