romaría

Festa popular en que a xente acode a un santuario por motivos relixiosos e, ao mesmo tempo, divírtese

Etimoloxía

Palabra creada sobre o topónimo “Roma”, cidade centro das peregrinacións cristiás.

Exemplos *

“As romarías, en datas sinaladas, coa música producida por coros e por orfeóns, bandas ou gaiteiros coas súas vestimentas, as comidas e as xuntanzas da colectividade galega constituían a súa propia illa nun océano con outra lingua.” (Miguel Anxo Seixas Seoane: Un canto e unha luz na noite: Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975), 2012)

“Mira Rianxo, Padrón ou Arealonga; teñen as leiras cheas, o gando a sobordar nos alpendres, os mercados a botar por fóra, a xente acode ás romarías e o pobo medra con celeridade.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.