rosado

Viño de cor rosada, debido ao pouco tempo de maceración da uva tinta

Etimoloxía

‘Da cor da rosa’ era o latín rosatus -a -um.

Exemplos *

“A viñificación do rosado coménzase a facer agora nestas adegas industriais . Este viño rosado é tan respetable coma os outros, diferénciase en que non ferve co bagaño, pra que non tome a cor.” (Xosé Posada: Os viños de Galicia, 1979)

“O viño rosado leva uvas tintas así que surtiredes as vosas células da súa porción de antioxidante sen sentir a solidez dos viños tintos. Unha boa alternativa cando estamos indecisos entre o branco e o tinto.” (Sylvie Tartán, Pontevedra Viva!, 18/12/2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.