rotulador

Utensilio para escribir ou debuxar, provisto dunha barra esponxosa empapada en tinta e dunha punta que, en contacto co papel, deixa un trazo xeralmente groso.

Etimoloxía

Formouse a partir de rótulo, do latín rotulus –i ‘rolo’.

Exemplos

“Cando Helena chegou xa estaba agardando, sentado nunha postura que a ela lle resultou moi familiar, o pito na man esquerda, e un rotulador na dereita, corrixindo un mazo de papeis que tiña diante.” (Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos)

“Volveu á mesa, repasou os folios, subliñou este parágrafo, aqueloutro, a rotulador vermello.” (Xosé Manuel Martínez Oca: Náufragos en terra)