ruada

Reunión de xente, polo xeral pola noite, para divertirse con cántigas, bailes etc.

Etimoloxía

Creación sobre o termo “rúa” que, á súa vez, vén do latín ruga, -ae ‘camiño’ e logo ‘vía entre casas’.

Exemplos *

“Só tres, os máis trouláns, aínda seguían de ruada para tomar a última.” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)

“Tería que prescindir de todo o que a cidade lle ofrecía, os partidos de fútbol no equipo do barrio, o constante barullo da xente e dos coches, a ruada cos seus amigos, as barulladas polo cantón.” (Antón Cortizas: Leonel, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.